Saturday 04 de May de 2024

Portos pavimentará o tramo viario entre as rotondas de Amas de Casa e Padín


 

A nova presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá a execución dunha obra que sirve como complemento a outras dúas intervencións sobre a fachada marítima da cidade, como son a executada remodelación da avenida do Malecón e a reforma do paseo das Carolinas, actualmente en proceso de contratación.

A devandita actuación comprende a pavimentación do tramo de vía situado entre a rotonda de acceso ao porto (popularmente, coñecida como “rotonda de Amas de Casa”) e a rotonda de Padín. Comporta un investimento de 41.796 euros, financiados con cargo ao orzamento de Portos de Galicia para 2019.

Ruiz Rivas expresou o seu agradecemento e desexou que sexa “o primeiro de moitísimos convenios” nesta nova época, respecto da que afirmou que se percibe unha mellor comunicación do ente autonómico co sector e que se están a dar pasos en moitas das súas demandas. Pola súa parte, Susana Lenguas recordou que a principal misión da entidade que representa é atender aos portos da súa competencia, pero saben da necesidde de convocar coa cidade.

Visita á lonxa
Logo da sinatura do acordo acudiron á lonxa e visitaron as instalacións acompañados do xerente da rula, Fernando Carreira, e do patrón maior de Riveira, José Antonio Pérez Sieira, entre outros.